Publicacións

As Letras de Luisa Villalta

Imaxe
Hoxe saímos ás rúas a declarar o noso dereito a un idioma propio, a defender a nosa fala coma patrimonio cultural e, a pasalo ben xuntos e festexando o día do pilar da nosa cultura. En Compostela, a chuvia fixo acto de presenza dun xeito intermitente, pero iso non impedíu que a marcha continuase con alegría, música e sen conflitos. No final do traxecto que ía desde a Alameda ata a Quintana, agardaba a actriz Isabel Risco para dirixir un acto rematado coa música da banda Dakidarria. O que persoalmente penso é que primou o interese dos negocios de hostalería ante a cultura, pois o escenario estaba situado no peor sitio onde se podería ter colocado por sonoridade, na histórica escalinata, en lugar de pousarse na praza onde mandou unha terraza de mesas baleiras e molladas pola chuvia. Non sabería dicir canta xente se sumou pero estou seguro que moita máis do que a Xunta de Galicia destas décadas quixera. Lembro que de mozo, xa semanas antes traballábamos e estudábam

O Lampai máis boreal

Imaxe
Comezamos a fin de semana pasada cos ceos nocturnos adobiados por cores que non adoitamos ollar nas nosas latitudes. Sendas tormentas solares de magnitudes G5 e G4 respectivamente, deixaron ver auroras boreais a latitudes máis baixas do acostumado. Había alo menos dúas décadas que isto non acontecía e este nivel. As auroras boreais son tormentas electromagnéticas que ademais de fermosas producen tamén varios danos, coma varios apagóns arredor das cinco da madrugada do sábado, deixando tamén algunha ca outra avaría informática... perigosa beleza natural! Pero non nos enganemos. Moitas das imaxes cas que nos bombardearon foron máis falsas ca feitas de encarga, coma ésta que compartín o martes en redes sociais, feita en cuestión de segundos coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile . Moitas publicacións de viaxes e científicas; de gran tirada, recoñecemento e prestixio mundial, están a publicar nas súas páxinas imaxes que os fotógrafos  argallan desde o seu propio fogar, tel

Financiando a Israel

Imaxe
O que ves é unha dobre exposición dunha bóla de discoteca coa bandeira de Palestina. Unha imaxe manchada de sangue inocente, de corpos esmagados e descortizados de crianzas atrapadas entre os cascallos resultantes da destrución polas bombas que tamén nós mercamos para uso do exército israelí. Esta semana asistiremos ao concurso televisivo Eurovisión que foi creado para tentar paliar certas disputas entre países logo dos desastres vividos na II Guerra Mundial, coa intención de evitar unha terceira. Preguntámonos porqué Israe non é vetado e outros países si. A resposta é ben sinxela: os cartos. Israel está tras moita da inversión (sobre todo a través da empresa que xestiona a publicidade do evento, de nacionalidade israelí), así que podémonos definitivamente esquecer de que vaia ser vetada pola organización. Pero non escandalicemos! Na nosa vida cotiá tamén financiamos ao exército israelí, e un dos xeitos de sancionar a modo persoal a Israel é tan sinxelo coma boicotealos ata

Ascensión 2024

Imaxe
Resolvendo o reto de onte (sinxelo, penso).  Para comezar destacar esta primeira imaxe porque na esquina inferior dereita, un conxunto de placas numeradas, xunto coa sombra que forma o rastro dunha persoa pasando, forma un saúdo inicial que convídame a metela coma portada da serie. Tratase dun 'hi' en lingua inglesa que ademais é a empregada na presentación da noria xigante ('giant wheel') . Coma dicía na proposta do reto, tratei este tipo de fotografía dun xeito que para moitos será pouco respectuoso, sen trípode, sen adicarlle tempo e sen procesado. Pero é así como sinto este tipo de imaxes. Sinceramente, son tomas que parécenme só bonitas, sen nada máis. Non merecen esmedrellarme demasiado na súa consecución. Meras fotografías que dirían nos xulgados. Desta volta, polo menos adiqueille uns segundiños máis ao procesado ao ter que correxir a exposición logo de pasarlle no Lightroom Mobile o meu propio preset . Ollo! non digo un desca

Día Rexional da Noria de Santiago

Imaxe
Hoxe súmome á chuvia de fotos da noria das festas da Ascensión e deixovos un reto de agudeza visual. Nesre conxunto de imaxes, algunhas foron tomadas cunha cámara fotográfica e outras cun teléfono móbil. Para igualar as condicións, direiche que en ningún caso se usou trípode e que as fotos da cámara son tamén directas. Os JPG tanto do móbil coma da cámara foron simplemente pasados pola app de Fotos de Google e usouse o automatismo " mellorar " para procesalas dun xeito automático e así sacarllea algo máis de sombras ca ferramenta que usa un pouco de HDR mediante IA. Procurei con elo, dárlles un aspecto máis semellante entre elas e dificultar un chisco o exercizo. Saberías indicar cales non foron quitadas cun teléfono móbil?

Intres de Paz e Amor

Imaxe
Por intres coma este, no que logo dunha xornada de traballo intensiva, tras varios días, canso e con bastante sono acumulado por mor do insomnio; paga a pena convivir con criaturas coma Fado. Esa ollada de complicidade mentres estamos tumbados na mesma cama, el entre as miñas pernas, separándonos tan so un edredón estampado de ondas en diversas tonalidades de azul, que se me asemellaron á mar. Din que ese xesto de tumbarse canda nós, aos nosos pés, é unha mostra das súas ansias de protexermos de calquera ameaza. Non sabe que a única ameaza que eu sinto cando comparto un tempiño con el é a de que poida un día despistarme e xunto co seu instinto de micho poña en risco a súa vida ou a nosa separación.

A odisea de aparcar no CHUS

Imaxe
Éche ben certo que temos falla de espazo de aparcadoiro público no CHUS. Tanto costa aparcar que con tal de facelo deixámolo ata colgando das...  ...rodas, ho! das rodas!