FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023

Temos dúas vidas e a segunda comeza cando te decatas de que só existe unha.

Nacín en Santiago de Compostela no ano 1973 e comecei na fotografía coa emulsión, nun mundo analóxico onde os flashes estoupaban con fogonazos de magnesio.
Gústame practicar unha fotografía directa tentando ollar dun xeito moi naif e coa curiosidade dun meniño tratando de desfacerme de calquera experiencia, fose boa ou mala, que puidese influir no resultado final a pesar de que a nosa afección é moi subxectiva e autobiográfica.

FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023

Sen as técnicas aprendidas, non tivese chegado aos resultados que ando a procurar... pero só coa técnica, tampouco!

Fotografío na rúa, xeralmente preto da miña casa, todo aquelo que consegue chamar a miña atención. As imperfeccións das contornas urbanas fánseme fermosas e MEMORIAM URBIS non é outra cousa ca un compendio das miñas loucuras e desvaríos.
Non poño nin quito nada durante a toma nin tampouco logo durante o procesado das miñas fotografías. Pero isto no quere dicir que nin saiba, nin sexa detractor de quenes si o fan.

FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023

Podes contactarme enviando un correo electrónico a:
info@memoriamurbis.com
Ou tamén por medio das redes sociais ás que podes acceder premendo nas iconas a pé de páxina.
Back to Top