Prégoche que antes de dárlle ao "plei" leas o que che teño que dicir e que priorices ver o Podcast na web do entrevistador antes que aquí. Ven sendo un xeito de amosarlle o teu apoio e respecto a un creador de contido. Grazas.
Gonzalo Lozano, do que xa vos teño falado nunha publicación anterior, lanzou un novo Podcast co que quixo contar comigo.
Eu pensaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema tipo sensores, algunha técnica fotográfica ou... que sei eu? calquera cousa desas das que me gusta falar cando nos liamos a paroladas sobre fotografía.
Pero desta volta tíñame preparada unha sorpresiña. Quería saber algo máis sobre min, sobre o meu xeito de ver a Fotografía, de como era que eu a sentía, coñecer máis ao que está detrás do visor da miña cámara que ao que acontece diante.
Así que deixovos coa entrevista que me fixo e que vos recomendo visitar desde a súa propia Web e, por suposto, non sen antes lembrarvos un par de cousiñas:
Apoia o seu Podcast a través do botón que hai na súa Web e así estarás poñendo en valor o seu traballo. Costarache tanto coma convidalo a un café, que ben merecido o ten!
Ségueo e suscríbete ao Podcast de Gonzalo en calquera das plataformas de Podcasting e tamén na súa canle de YouTube, sen esquecer dárlle á campá para non perderte ningún episodio.
E agora, se me fixeches caso, chegou o intre de pasar pola Web de Gonzalo para escoitar ou ver a entrevista que me fixo...
Graciñas, Gonzalo!