O surfer Pipa visita Lariño e agasállanos cunha marabillosa demostración deste espectacular deporte acuático.
9 de outubro de 2021, o verán resistíase a deixar paso ao outono e a tarde presentábase solleira e cunha agradábel temperatura suave que aínda permitía ir en mangas de camisa sen risco a arrefriar.
A mar, inmesa e maltratada
É imposíbel non namorarse da mar por moi lonxana que se atope. Desde o primeiro intre no que chegamos ás súas cercanías, a súa cor, arrecendo, son e misterios atrápanos e xamais poderemos xa resistirmos aos seus encantos. 
Con todo e a pesar do amor que sentimos por ese medio que é o responsábel da característica cor do noso planeta visto desde o espazo exterior; non sendo conscientes do limitado que é en realidade, enchémolo de lixo e desperdicios sen pensar en que todo o que alí depositemos rematará algún día sendo dixerido polo noso propio organismo.
Un interesante e casual encontro
E unha vez feito o alegato ecoloxista absolutamente necesario e nada fóra de lugar, paso a amosarvos as fotos que quitei tralo agradábel descubrimento dunha espectacular exhibición de surf da man dun gran deportista asturiano que é director dunha escola deste deporte acuántico na veciña e irmá rexión.
Pipa é o director dunha escola de surf na praia de Xagó (Asturias). Se queres saber máis sobre ela, poderás facelo a través dos botóns que che insiro de seguido coa ligazón correspondente.
A maxia dos solpores outonais na Galiza
Por suposto que a sesión fotográfica non podería rematar co atardecer unha vez os deportistas tivesen deixado a praia. Coma é costume durante os outonos galegos nos que a chuvia queda na casa a descansar, unha vez o sol foi caendo cara a liña do horizonte, o ceo foi mudando a súa tonalidade chegando incluso a pórse totalmente rosado e deixándonos unhas postais moi fermosas das que merecedes gozar por teres chgado aquí.

Poderíache interesar:

Back to Top